14 Abr 2018

Os viños valdeorreses desembarcan en Barcelona para participar no Salón Internacional de Alimentación e Bebidas, Alimentaria 2018

 

A Denominación de Orixe Valdeorras participará no prestixioso Salón Internacional de Alimentación e Bebidas, Alimentaria 2018, que se celebra na cidade de Barcelona entre o vindeiro luns día 16 e o xoves 19. O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, refírese a este foro como “un escaparate excepcional para os brancos e tintos de Valdeorras, que debemos aproveitar para achegar os nosos viños a diversos públicos especializados, pero tamén a consumidores finais”, engade. “O potencial deste salón reflíctese no feito de que nel teñen presenza a meirande parte das rexións vitivinícolas españolas e por riba de 800 adegas de todo o Estado”, engade.

No foro, a Cooperativa Jesús Nazareno do Barco contará con espazo expositor propio. Viños desta cooperativa participarán ademais en Intervin, o maior salón sectorial vinícola de España (e un dos seis que se desenvolven no marco de Alimentaria 2018), nun túnel do viño no que tamén se poderán degustar referencias de Adega Santa Marta, Guitián y Blanco S.C. e da Cooperativa Virxe das Viñas. Estas bodegas presentarán ao numeroso público visitante, aos prescritores e aos medios de comunicación especializados diversas marcas de brancos e tintos da comarca.

O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, sinala que o foro constitúe “un escaparate excepcional para os brancos e tintos” da comarca

Sobre Alimentaria 2018
O Salón Internacional de Alimentación e Bebidas, Alimentaria, é unha feira sectorial de carácter bienal que se celebra no recinto feiral (FIRA) de Barcelona. Este ano acada a súa 22ª edición, con máis de 95.000 metros cadrados de exposición e convertida nun referente dentro do sector alimentario. Alimentaria 2018 agarda xerar un impacto económico de máis de 200 millóns de euros e atraer uns 150.000 habitantes, dos que 45.000 serán internacionais.

[arriba]

Novas Anteriores