19 Mar 2023

Os viños de Valdeorras xa poden degustarse en Prowein 2023

A edición 2023 de Prowein, unha das feiras vinícolas máis relevantes do continente europeo, xa está en marcha e, como en convocatorias anteriores, os viños de Valdeorras están a ter un papel protagonista no espazo expositor propio que o noso Consello Regulador posúe no recinto feiral. Un total de 15 adegas da comarca enviaron mostras dos seus brancos e tintos para que poidan ser degustados por todos aqueles que visiten Prowein.

 Ata 36 referencias distintas do noso territorio amparado danse a coñecer este ano en Alemaña co obxectivo de conquistar novos nichos e segmentos de mercado. A representación, tanto en número de adegas como en viños, é maior que outros anos, o que evidencia o interese crecente do sector vitivinícola de Valdeorras por participar no calendario de accións promocionais que planifica o Consello Regulador

No espazo expositor do Consello Regulador neste foro participan 15 adegas da comarca

En Prowein 2023, poden degustarse viños de diferentes variedades da nosa comarca, pero principalmente godellos e mencías. Trátase de referencias pertencentes ás seguintes adegas:

 

  • Barón do Sil, S.L.
  • Viña Costeira, S.C.G.
  • Bodega Joaquín Rebolledo, S.A.
  • Adega Alán, S.A.T.
  • Adega Quinta da Peza, S.L.
  • Arnadoval, S.L.
  • Terriña, S.L.
  • Hacienda Ucediños, S.L.
  • Adegas Terrae, S.L.
  • Bodega Godeval, S.L.
  • Adega A Coroa, S.A.T.
  • Bodega Roandi, S.L.
  • Bodega Santa Marta, S.A.T.
  • Adega O Casal, S.A.T.
  • Bodega Sampayolo, S.L.

 

[arriba]

Novas Anteriores