25 Abr 2022

Os viños de Valdeorras poden degustarse estes días no Salón Gourmets de Madrid

Entre hoxe e o vindeiro 28 de abril, os viños da D.O. Valdeorras exhíbense nun stand propio no Salón Gourmets de Madrid. Trátase dun dos escaparates anuais máis relevantes para divulgar alimentos e bebidas de alta gama: un evento no que atopar dende produtos tradicionais ata novas tendencias no eido alimentario.

“Para os viños de Valdeorras, supón unha oportunidade estar presentes neste foro en tanto en canto conta coa presenza de diferentes prescritores que poden axudarnos a achegar o noso produto a consumidores finais”, resalta José Luis García Pando, presidente do C.R.D.O. Valdeorras, quen estes días se desprazou a Madrid para estar á fronte do espazo expositor do Consello Regulador nesta feira, no que poden degustarse 34 referencias (21 de brancos e 13 de tintos) de 16 adegas da comarca.

Un total de 16 adegas da D.O. participan con diferentes referencias de produto nesta relevante feira

[arriba]

Novas Anteriores