13 Mar 2019

Os viños de Valdeorras conquistaron aos visitantes do Fórum Gastronómico da Coruña

O presidente da D.O., José Luis García Pando, cualificou de “moi exitosas” as accións promocionais dos viños valdeorreses que se desenvolveron no marco do Fórum Gastronómico da Coruña e que foron impulsadas dende o Consello Regulador. A modo de balance, García Pando destacou que, entre o domingo e o martes, celebráronse en ExpoCoruña “varias catas comentadas dos nosos viños, dirixidas a público especializado”.

Xunto a isto, diversas referencias de viños valdeorreses puideron degustarse no Túnel do Viño “Galicia en Cata” que se celebrou no marco do Fórum Gastronómico e no que tamén houbo marcas doutras denominacións de orixe galegas.

O presidente do Consello Regulador cualifica de “moi exitosas” as accións de promoción efectuadas neste foro, que se celebrou entre o domingo e o martes na cidade herculina

Espazos expositores propios
Estas accións compleméntaronse cos espazos expositores propios que bodegas como Quinta da Peza e cooperativas como a Bodega Cooperativa Jesús Nazareno dispuxeron en ExpoCoruña.

E tamén cunha programación propia no marco do Fórum baixo unha marca e un formato especiais dedicados ao viño: Wine Circus-Fórum Vino, de vocación vangardista e na que diversos adegueiros galegos, entre eles Rafa Palacios de Valdeorras, mantiveron conversas sobre viño cos asistentes.

Máis de 24.000 persoas
Máis de 24.000 persoas pasaron por ExpoCoruña ao longo dos tres días de intensa actividad do Fórum Gastronómico, superando a cifra da última edición deste consolidado salón.

O director técnico do Consello Regulador, Jorge Mazaira, dirixiu varias catas comentadas de viños da D.O. Valdeorras no Fórum Gastonómico

 

 

 

[arriba]

Novas Anteriores