08 Ago 2022

Os sumilleres de “Gallaecia” consideran que a variedade godello está plenamente arraigada na comarca e “é un produto excepcional”

Un total de 20 membros da Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia” cataron hoxe no Hotel Paladium de Vilamartín de Valdeorras 46 referencias de viños brancos e 51 de tintos do territorio amparado da comarca. Fixérono durante tres horas para puntualas e valoralas de cara á vindeira edicion da Guía dos Viños, Destilados e Augardentes de Galicia, que verá a luz a finais de ano, e tamén para que poidan optar aos Premios Gallaecia, que se entregarán en setembro.

O secretario da Asociacion de Sumilleres de Galicia “Gallaecia”, Javier Facal, presente na cata, destacou que cada ano “máis adegas e referencias” se animan a participar nesta iniciativa en toda a comunidade autónoma.

Brancos frescos
Os brancos da pasada añada de Valdeorras foron cualificados por Facal como “frescos”. “Tiñamos curiosidade por ver como se interpretara unha monovarietal como a godello este ano no territorio e ímonos moi sorprendidos: a variedade está moi arraigada, con toques máis vexetais e florais”, abondou o experto. “Trátase dun producto excepcional”, apostilou.

En canto aos tintos, siguen o punto dos brancos no relativo ao “frescor” e cómpre salientar, tal e como destacou Facal, o valor diferenciador da garnacha tintorera pero tamén o poder da mencía no territorio.

Un total de 20 membros da Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia” cataron hoxe no Hotel Paladium de Vilamartín de Valdeorras 46 referencias de branco e 51 de tintos para puntualas de cara á vindeira edición de Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia

[arriba]

Novas Anteriores