/* */ Os Premios Baco, promovidos pola Unión Española de Catadores, distinguen o saber facer único dunha decena de adegas da D.O. Valdeorras
06 Xuñ 2023

Os Premios Baco, promovidos pola Unión Española de Catadores, distinguen o saber facer único dunha decena de adegas da D.O. Valdeorras

As referencias vinícolas da comarca acadaron dez medallas: un Gran Baco de Ouro, seis Bacos de Ouro e catro Bacos de Prata

As bodegas do Consello Regulador da D.O. Valdeorras continúan sumando ao seu palmarés galardóns nas máis prestixiosas convocatorias de premios sectoriais do eido vinícola, tanto no ámbito nacional coma no internacional. Así, o xurado dos Premios Baco, organizados pola Unión Española de Catadores, que distinguen os mellores viños xóvenes de España, outorgou dez medallas a referencias da nosa comarca. Entre elas, destca o Gran Baco de Ouro obtido por A Coroa Godello, da Adega A Coroa.

Xunto a isto, outras seis referencias da D.O. Valdeorras foron distinguidas cun Baco de Ouro. Son as seguintes:

  • Lagar do Cigur Godello da Adega Melillas e Fillos
  • Viñaredo Mencía de Bodegas Santa Marta
  • Viñaredo Godello de Bodegas Santa Marta
  • Quinta da Peza Godello de Quinta da Peza
  • Quinta da Peza Mencía de Quinta da Peza
  • Verdes Castros Godellos de Terriña

Por último, tres referencias das nosas adegas obtiveron un Baco de Prata:

  • Cepado Godello da Adega Cepado
  • D´Berna Godello de Guitián y Blanco
  • Joaquín Rebolledo Godello de Joaquín Rebolledo

Os galadróns Grandes Bacos de Ouro, Bacos de Ouro é Bacos de Prata son outrogados por 50 xurados, todos eles membros da Unión Española de Catadores, que avaliaron nunha estricta cata a cega a totalidade dos viños participantes. “Trátase de medallas de indiscutible valor promocional para os mejores viños xóvenes de España e estamos encantados de que unha decena das nosas referencias xoguen nesta liga”, destacou José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras ao respecto das distincións obtidas polos viños da comarca nest

[arriba]

Novas Anteriores