28 Nov 2016

Os criterios de reparto das vogalías do Consello Regulador de cara á convocatoria electoral do vindeiro ano mantéñense idénticos aos do ano 2012

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras aprobou esta mañá manter idénticos que no ano 2012 os criterios de reparto das vogalías do organismo de cara á convocatoria electoral de 2017, por non existir cambios significativos nos distintos censos en canto á produción que xustifiquen unha modificación no reparto.

 Así o aprobou hoxe o Pleno do C.R.D.O. da D.O. Valdeorras por considerar que os datos de produción se mantiveron similares nos últimos catro anos

Deste xeito, o sector cooperativista –que representa aproximadamente o 50% da produción e o 50% da elaboración do total da uva da comarca- manten un terzo da representación no Consello Regulador con tres vogalías. Por outra banda, o censo de viticultores non adscritos a cooperativas, que representan tamén case a metade da produción de Valdeorras, conserva tres vogais e o censo de elaboradores non cooperativistas (bodegas) permanece co terzo restante da representación. É dicir, con tres vogalías.

Auditoría
Ademais, o Pleno do Consello Regulador aprobou hoxe a contratación dunha auditoría das contas do ano 2016, no que se produciu un relevo na Presidencia do organismo. Tal e como sinalou o presidente da D.O., Francisco García, a idea desta iniciativa é continuar co labor iniciado de cara a favorecer a mellora continua da entidade avogando pola transparencia e polo perfeccionamento dos sistemas de xestión e análise do Consello. Precisamente, no Pleno da semana pasada coñecíase o informe da auditoría dos anos anteriores.

Tamén aprobou a autorización dunha auditoría das contas do ano 2016

[arriba]

Novas Anteriores