17 Xuñ 2019

Os brancos e tintos de Valdeorras conquistan Xixón

Un total de 15 adegas amparadas baixo o selo do CRDO Valdeorras participan ao longo do día de hoxe nun acto promocional que o organismo regulador promove na cidade de Xixón, en concreto nas instalacións do Hotel Abba. O presidente da D.O., José Luis García Pando, destaca que este túnel do viño pretende achegar “os valores diferenciais dos viños da comarca ao público asturiano”.

Dentro da “forte aposta” que o territorio amparado está a acometer en termos de promoción, García Pando resalta que o norte de España “xoga un papel fundamental” pois é un dos ámbitos xeográficos do Estado onde máis presenza teñen os viños valdeorreses “e cómpre consolidala”.

O acto de Xixón únese aos realizados no que vai de ano en cidades como Madrid ou Santander. E proximamente, tamén se realizarán degustacións e exhibicións de viños da comarca noutras cidades como Santiago de Compostela ou Barcelona.

O Hotel Abba desta cidade asturiana acolle un túnel do viño no que participan 15 adegas da comarca

Adegas participantes
No showroom que ao longo do día de hoxe se celebra en Xixón participan, en concreto, as seguintes adegas valdeorresas: A Coroa, Godeval, Melillas e Fillos, O Casal, Roandi, Ruchel, Alán de Val, Joaquín Rebolledo, Cooperativa Jesús Nazareno, Guitián y Blanco, Hacienda Ucediños, O Luar do Sil, Quinta da Peza, Sampayolo e Terriña.

 

[arriba]

Novas Anteriores