/* */ O presidente do Consello Regulador lamenta o falecemento de Waldo Carreiras Albo
14 Xan 2021

O presidente do Consello Regulador lamenta o falecemento de Waldo Carreiras Albo

En nome do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, o seu presidente, José Luis García Pando, lamentou hoxe o falecemento de Waldo Carreiras Albo. Actualmete ocupaba o oposto de Xefe de Área de Industrias Agroalimentarias na Consellería do Medio Rural, pero anteriorete exerceu durante moitos ans como Xefe de Servizo de Promoción Alimentaria.

O presidente do Consello Regulador lamentou a morte do funcionario sinalando que foi sempre “un gran aliado do noso territorio amparado” e que co seu traballo intentou sempre “mellorar o posicionamento e o bo facer de todos os consellos reguladores”.

Dende o Consello Regulador remitiuse unha carta de pésame á Consellería do Medio Rural e tamén se trasladan as condolencias do organismo aos familiares e achegados do finado.

Funcionario de carreira, traballaou en diversos postos das consllerías do Medio Rural e do Mar e “sempre foi un gran aliado do noso territorio amparado”, sinala García Pando

 

[arriba]

Novas Anteriores