28 Abr 2017

O presidente do Consello Regulador convoca un pleno extraordinario para estudiar a adopción de medidas que axuden a paliar os danos da xeada na colleita

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras convocou esta mañá un Pleno Extraordinario para o vindeiro martes 2 de maio, cuxo obxectivo é consensuar a adopción de medidas que axuden a paliar os danos ocasionados pola xeada na colleita do territorio amparado.

 O Pleno celebrarase o vindeiro martes 2 de maio

“Dentro dunha semana teremos unha estimación completa dos danos, tanto de superficie total afectada como de número de viticultores que poden ver mermada a súa produción pola xeada”, destaca Francisco García, quen asegura tamén que “se solicitarán axudas públicas para os afectados”.

 

[arriba]

Novas Anteriores