26 Abr 2023

O presidente do Consello Regulador aposta perante o delegado da Xunta en Ourense por establecer novas fórmulas que permitan a promoción exterior conxunta dos viños galegos

José Ramón Rodríguez, novo máximo responsable do CRDO Valdeorras, proseguiu a súa quenda de encontros institucionais cunha xuntanza na cidade das Burgas con Gabriel Alén

José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente dende hai pouco máis dun mes do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, prosegue coa súa axenda de xuntanzas institucionais e vén de manter un primeiro encontro co delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Na reunión, celebrada esta mañá, Rodríguez Castellanos trasladou ao alto cargo autonómico o interese do territorio amparado valdeorrés polo establecemento de novas fórmulas que permitan a promoción exterior conxunta dos viños galegos.

José Ramón Rodríguez Castellanos apuntou que as accións promocionais comúns son axeitadas no estranxeiro en tanto en canto que “coas súas diferenzas e particularidades, os viños e licores de Galicia son sinómino de calidade en todo o mundo” e “todos nós, xuntos, somos máis fortes”.

En 2022, viños e licores autóctonos galegos promocionáronse de xeito conxunto, mantendo sempre as súas marcas de orixe diferenciais, en relevantes feiras sectoriais celebradas en París, Londres e Amsterdam.

[arriba]

Novas Anteriores