12 Xuñ 2017

O pleno do Consello Regulador autoriza oito candidaturas de cara aos comicios do vindeiro xullo

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, reunido esta mañá, referendou un total de oito candidaturas de cara aos comicios para renovar a composición do organismo, que se celebrarán o vindeiro 9 de xullo. Así, proclámanse provisionalmente oito listaxes.

As cooperativas da comarca presentan unha listaxe común. Xunto a esta candidatura, aprobáronse dúas listaxes pertencentes á bodegas pequenas, dúas correspondentes a bodegas de maior dimensión e tres de viticultores (promovidas polos principais sindicatos agrarios).

Unha listaxe corresponde ao censo de cooperativas, dúas a bodegas pequenas, dúas a bodegas grandes e tres a viticultores

Prowein 2018
En paralelo, o Pleno autorizou tamén a participación do Consello Regulador na seguinte edición de Prowein, que se celebrará en 2018. Trátase dun dos foros de maior relevancia en materia de promoción vitivinícola de cantos se desenvolven en Europa e celébrase anualmente en Alemaña.

[arriba]

Novas Anteriores