05 Xuñ 2017

O pleno do Consello Regulador aproba o emprazamento das mesas electorais de cara aos vindeiros comicios para elixir aos representantes do organismo

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, reunido hoxe, decidiu o emprazamento das dúas mesas electorais que se habilitarán o vindeiro 9 de xullo, data na que se celebrarán as eleccións para elixir a nova composición do organismo. A primeira destas mesas situarase na Oficina Agraria Comarcal da Rúa (Velázquez, 2) e a segunda na Oficina Agraria Comarcal do Barco (Casa Grande Vitoria).

Na mesa emprazada na Rúa de Valdeorras poderán depositar o seu voto electores dos censos procedentes dos municipios de Petín, Larouco, O Bolo e A Rúa. Mentres, na mesa situada no Barco farán o propio os electores dos censos procedentes dos municipios de Vilamartín de Valdeorras, Rubiá, Carballeda e O Barco. Nesta segunda mesa poderán votar, tamén, os electores non residentes en ningún dos municipios do territorio amparado. En total, votarán nestas eleccións unhas 1.000 persoas.

Unha delas situarase na Oficina Agraria Comarcal da Rúa e a outra na Oficina Agraria Comarcal do Barco

[arriba]

Novas Anteriores