04 Set 2015

O partido que Wayne non puido xogar e o converteu en embaixador dos Viños de Valdeorras

premiados

O pasado mes de Xullo con motivo da súa visita anual á vila da Rúa de Valdeorras da que é fillo adoptivo, foi convocado para disputar un partidillo de baloncesto formando parte do equipo da D.O. Valdeorras e que tería lugar en Lugo o día 1 de Setembro.

Pois ben, semanas máis tarde recibiu a chamada do Presidente da FEB, José Luis Sáez, convocándoo para asistir ao acto de homenaxe aos xogadores con máis de 150 internacionalidades con España e ¡oh, casualidade! tamén era para o día 1 de Setembro. Wayne manifestoulle que adquirira o compromiso coa D.O., para o partido que con motivo da entrega das distincións Gallaecia 2015 se programara. Á vista do “problema”, Wayne tivo a xentileza de propoñer á FEB que invitasen o presidente da D.O. Valdeorras, José Vicente Solarat, ao acto que tería lugar no Hotel Meliá Castilla de Madrid e que o presidente desta tivo a ben aceptar. Grazas a iso puideron Compartir un Valdeorras con gran parte dos asistentes.

D. Wayne Donald Brabender Cole, ¡todo un cabaleiro! Moitas grazas

Acompañamos cun pequeno reportaxe fotográfico do acto conmemorativo dos 80 anos de Selección Española de Baloncesto.

 

Reto de Baloncesto Gallaecia 2015

Reto de Baloncesto Gallaecia 2015

 

J. Vicent Solarat, Wayne Brabender e Emiliano Rodríguez

J. Vicent Solarat, Wayne Brabender e Emiliano Rodríguez

 

Lolo Sainz, Pedro Ferrándiz, J. Vicente Solarat e Wayne Brabender

Lolo Sainz, Pedro Ferrándiz, J. Vicente Solarat e Wayne Brabender

 

J. Vicente Solarat, Soraya Sáez de Santamaría e Wayne Brabender

J. Vicente Solarat, Soraya Sáez de Santamaría e Wayne Brabender

 

Wayne Brabender, Fernando Romay, J. Vicente Solarat e L.M. Santillana

Wayne Brabender, Fernando Romay, J. Vicente Solarat e L.M. Santillana

 

José Luis Sáez Regalado presidente FEB, Wayne Brabender e J. Vicente Solarat

José Luis Sáez Regalado presidente FEB, Wayne Brabender e J. Vicente Solarat

 

[arriba]

Novas Anteriores