/* */ O Festival Valdeorrock animará a noite da XVIII Feira do Viño Valdeorras
05 Xul 2015

O Festival Valdeorrock animará a noite da XVIII Feira do Viño Valdeorras

SONY DSC

XVIII Feira do Viño de Valdeorras contará este ano con animación musical durante o día e un festival de música rock para a noite do sábado, día 11 de xullo. o Festival Valdeorrock reunirá sobre o escenario na Praza de Viloira (O Barco) a unha banda berciana de Rock&Roll e a un grupo tributo á mítica banda australiana AC/DC.

O Valdeorrock arrancará o próximo sábado, día 11 de xullo, a partir das 9 da tarde coa actuación do Dj Jurassic Rock, a continuación será o momento dos ponferradinos “The Morgans” co seu rock con toques británicos e alternativos que respira aires dos 70,80 e 90. A actuación estelar deste festival será para a banda tributo clónica Bon Scott Revival Show que será a encargada de traer a Valdeorras os mellores temas da mítica banda AC/DC.

Ademais do festival Valdeorrock , a feira do viño contará durante o sábado coa actuación da Charanga N.B.A. (Non bebemos auga). O seu primeiro pase será ao mediodía despois da lectura do pregón a cargo de Julián Villamarín Rodríguez, responsable da área de clientes internacionais da empresa Autoneum Spain Northwest SLU e que conta cunha das súas factorías na localidade da Rúa.

A  XVIII Feira do Viño de Valdeorras está pensada para que sexa “un acto lúdico festivo de exposición dos viños desta comarca” así describía esta nova edición o presidente do Consello Regulador, José Vicente Solarat.  A feira celebrarase este ano na Praza de Viloira de O Barco os días 11 e 12 de xullo e nela participarán 16 adegas.

 

[arriba]

Novas Anteriores