/* */ O Consello Regulador realiza unha cata maxistral en Bilbao, invitado pola Asociación de Sumilleres de Bizkaia
04 Xul 2024

O Consello Regulador realiza unha cata maxistral en Bilbao, invitado pola Asociación de Sumilleres de Bizkaia

No túnel do viño que se levou a cabo durante o evento, a D.O. participou en colaboración coa D.O.P. Tetilla e a D.O.P. Arzúa-Ulloa

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras celebrou en Bilbao, unha cata maxistral, invitado pola Asociación de Sumilleres de Bizkaia. Os anfitrións organizaron esta actividade na que participou “unha representación de viños, un pouco singulares, da nosa D.O.”. Así o explicou Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador e tamén director de dita cata.

O evento contemplou a súa vez, a celebración dun túnel do viño, no que se combinou a degustación dos viños valdeorreses amparados, con queixos procedentes das Denominacións de Orixe Protexidas (D.O.P.) Tetilla e Arzúa-Ulloa. Para Mazaira, “sempre é importante reforzar as catas que fagamos, con bos productos que ademáis, son da nosa terra”.

Entre 35 e 40 profesionais do mundo do viño acudiron á cita, nun evento, so para asociados, que se desenrolou no Hotel Ercilla de Bilbao.

[arriba]

Novas Anteriores