08 Ago 2018

O Consello Regulador lidera un proxecto de investigación que permitirá garantizar a orixe dos viños de Valdeorras

Garantir a orixe do viño en Valdeorras é o obxectivo dun proxecto de investigación que se desenvolverá no territorio amparado e ao que a Xunta destinará un total de 99.993,27 euros. Este proxecto liderado polo Consello Regulador, en colaboración coa Universidade de Vigo, o Ingacal e Feuga, realizarase ao longo dos tres próximos anos e contribuirá, en palabras de José Luis García Pando, presidente da D.O., “a evitar o fraude en canto á procedencia das variedades de uva que fan singulares os nosos viños”.

Efectivamente, o proxecto permitirá desenvolver un modelo de predición que posibilitará asegurar a orixe do viño, á marxe da súa etiquetaxe. “A través deste modelo tamén se daría un paso máis na optimización da trazabilidade do produto”, engade García Pando. Así, mediante métodos científicos como a cromatografía de líquidos ou a espectofotometría de masas, os axentes implicados no desenvolvemento deste proxecto de investigación poderán analizar e diferenciar os parámetros básicos e os principais compostos volátiles do viño.

 En colaboración coa Universidade de Vigo, o Ingacal e Feuga elaborarase un modelo de autentificación que permitirá analizar e diferenciar parámetros básicos e compostos volátiles do viño para asegurar su procdencia

Unha completa base de datos
Todo isto permitirá obter unha completa base de datos que posibilitará que se identifique e se asegure a procedencia de todos os viños valdeorreses. O traballo será realizado en tres fases: nunha primeira decidirase que mostras se tomarán e que adegas e marcas participarán na investigación, posteriormente comezará o proceso de recollida de datos e, finalmente, redactaranse as conclusións do estudo.

O desenvolvemento deste modelo predictivo, impulsado e financiado pola Xunta cun total de case 100.000 euros, realizarase durante os próximos tres anos

[arriba]

Novas Anteriores