11 Mai 2018

O Consello Regulador inicia os precedementos para modificar o sistema de control da vendima

O Pleno do Consello Regulador, reunido hoxe, estudou unha proposta de modificación do sistema de control da vendima co obxecto de axustalo aos requirimentos da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC). Segundo asegura o presidente do organismo, José Luis García Pando, “diferentes consellos reguladores galegos como o das Rías Baixas ou o da Ribeira Sacra levan xa a cabo de forma exitosa este novo sistema nos seus territorios amparados”.
A filosofía fundamental dos cambios que se acometerán ten que ver con que pasarán a ser as empresas vinícolas (bodegas) as que se responsabilicen principalmente de controlar e inspeccionar a orixe da uva e o cumprimento das cotas. “Éstas serán tamén as encargadas de controlar os seus provedores en vendima” e para iso “o Consello Regulador porá a disposición dos operarios os medios precisos para levo a cabo”. O novo sistema posibilitará ás adegas “asegurar a trazabilidade do producto desde a uva ata a botella”.

As empresas vinícolas pasan a ter responsabilidad no control dos provedores da uva, o que lles posibilitará asegurar a trazabilidade do produto desde a uva ata a botella

Ao rematar o Pleno, o presidente da D.O. afirmou tamén que proximamente se informará polo miúdo a todas as bodegas valdeorresas dos cambios neste eido. “A de hoxe foi a primeira xuntanza para tratar un asunto que vai ser desenvolvido ao longo de próximos plenos, pois trátase de modificacións con certo grao de complexidade necesarias, en todo caso, para dar cumprimento aos parámetros de ENAC”, afirmou o máximo responsable do Consello Regulador.

O obxecto deste cambio obedece ás esixencias da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC)

Actos promocionais
Paralelamente, o Pleno do Consello Regulador aprobou a celebración dun acto promocional na Coruña o vindeiro 2 de xullo, que se desenvolverá no Hotel Finisterre co obxecto de por en valor o territorio amparado e os seus produtos. O evento incluirá a posta en marcha dun showroom e a degustación de diferentes referencias da zona “co obxecto de achegar os nosos viños aos consumidores finais”, segundo precisou García Pando.

Xunto a isto, no Pleno de hoxe informouse de que entre os vindeiros 21 e 23 de maio o Consello Regulador participará na London Wine Fair de Londres. Serán o
presidente e o director técnico do organismo os que viaxen á capital británica para abanderar a comitiva de viños valdeorreses que se darán a coñecer neste relevante foro especializado.
Finalmente, o Pleno coñeceu tamén que na fin de semana do 26 e 27 de maio un grupo de bloggers, xornalistas especializados e influencers relacionados co eido
vinícola visitará diferentes bodegas valdeorresas nunha acción promocional que lidera o Consello Regulador co obxectivo de divulgar os valores diferenciais dos seus produtos.

[arriba]

Novas Anteriores