01 Ago 2020

O Consello Regulador entrega os premios da XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras nun acto celebrado no Hotel Pazo do Castro

As oito adegas premiadas posan co conselleiro do Medio Rural, José González.

O Hotel Monumento Pazo do Castro, emprazado no Barco de Valdeorras, acolleu o acto de entrega de Premios da XXI Cata Oficial de Valdeorras, que este ano estivo aberta a todas as adegas interesadas en participar (tradicionalmente, dirixiase a aquelas que tiñan presenza na Feira do Viño). Un total de 21 adegas cun total de 57 referencias distintas (29 tintas e 28 de branco) participaron na Cata, que tivo lugar nas instalacións do Consello Regulador o pasado 10 de xullo e na que participaron como avaliadores oito catadores expertos.

Estes son os resultados da XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras:

Viños brancos

1º Premio- O Luar do Sil Godello 2019 de Pago de los Capellanes S.A.

2º Premio- Alán de Val Godello 2019 de Adega Alán S.A.T.

3º Premio- Casal Novo Godello 2019 de Adega O Casal S.A.T.

 

Viños tintos

1º Premio- Viña de Fornos Mencía 2019 de Fornos GRS C.B.

2º Premio- O Cepado Mencía 2019 de Adega O Cepado S.L.

3º Premio- Viñaredo Mencía 2019 de Bodega Santa Marta S.A.T.

As mencións especiais “viños doutras añadas” foron para Mil Rios Godello 2018 de Terriña S.L., no caso dos brancos, e Domus Crianza 2014 de Bodega Roandi S.L., no caso dos tintos.

No certame participaron 21 adegas cun total de 57 referencias distintas (29 tintas e 28 brancas)

As representantes das adegas Pago de Los Capellanes e Fornos GRS posan cos premios ao Mellor Branco e ao Mellor Tinto de Valdeorras.

[arriba]

Novas Anteriores