08 Mai 2017

O Consello Regulador e cinco adegas da comarca participan estes días en Fenavín, unha das feiras de referencia do sector vitivinícola en España

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras e cinco bodegas da comarca (Rebolledo, Valdesil, Virxe de Galir, A Coroa e Cooperativa Jesús Nazareno) participan estes días en Cidade Real no prestixioso foro especializado Fenavín, unha das feiras de referencia do sector vitivinícola en España. Fenavín 2017 abre as súas portas mañá e prolongarase ata o vindeiro día 11.

O Consello Regulador promocionará referencias de viño xenérico no espazo común que compartirá nesta feira con outras denominacións de orixe vinícolas galegas e as bodegas, pola súa banda, terán espazos expositores propios.

O presidente do Consello Regulador, Francisco García, destaca que a participación en Fenavín constitúe “un paso máis na estratexia promocional deseñada desde o organismo para dar a coñecer os viños valdeorreses a diferentes públicos especializados e, tamén, aos consumidores finais”. García lembra que as accións promocionais son “imprescindibles” para “fortalecer” a imaxe dos brancos e tintos de Valdeorras e incrementar o seu posicionamento en diferentes mercados.

O foro especializado abre as súas portas mañá e prolongarase ata o vindeiro 11 de maio

[arriba]

Novas Anteriores