23 Set 2016

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras intensifica os labores de control sobre a origen do produto amparado na presente campaña de vendima

d-o

O Consello Regulador da D.O. Valderras intensifica, na presente tempada de vendima (que se xeralizará na comarca durante a fin de semana), os labores de control sobre a orixe do produto amparado con respecto a anos precedentes. Velar polo cumprimento da normativa que rexe a D.O. no que respecta ao cultivo das variedades autorizadas e preferentes na zona e, tamén, durante o seu proceso de transformación en bodega é unha das misións fundamentais do Consello Regulador.

 Esta fin de semana xeralízanse os traballos de vendima nas diversas bodegas e cooperativas da comarca

Neste sentido, xunto ao equipo técnico do Consello Regulador traballan este ano membros do  Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense, encargados de realizar labores de ordenación e control da viticultura na comarca. Paralelamente, o presidente da D.O. Valdeorras vén de participar recentemente nunha xuntanza na Subdelegación do Goberno en Ourense, na que tamén tomaron parte  representantes doutras denominacións de orixe vinícolas da provincia e na que se acordou intensificar os controis que eviten a entrada de uvas non autóctonas nos territorios amparados. Neste sentido, estase a contar coa plena colaboración dos membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Xunto a isto, Francisco García, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, sinala que se están a estudar liñas de colaboración con diversas universidades españolas para determinar parámetros analíticos que axuden a garantir a orixe do producto amparado.

[arriba]

Novas Anteriores