01 Mar 2020

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras estréase no Decanter Spain & Portugal Encounter de Londres

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras participa, en Londres, por vez primeira no Decanter Spain & Portugal Encounter, un encontro vitivinícola promovido por esta cabeceira especializada que se celebra no Hotel Landmark da capital británica e que conta co apoio do Igape.

O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, que participa no foro deu as grazas “ás dez adegas participantes na iniciativa, que enviaron mostras dos seus brancos e tintos para dar a coñecer os viños valdeorreses entre o público especializado que acode ao encontro”. Para García Pando, este tipo de iniciativas son importantes en aras a “divulgar o potencial dos nosos viños” e tamén para “coñecer o que se está facendo noutros territorios amparados da Península Ibérica”.

Unha decena de adegas amparadas enviaron mostras de viño a este foro, no que participa o presidente do C.R.D.O., José Luis García Pando

Éstas son as adegas e as referencias valdeorresas que se exhibiron en Decanter:

  • BODEGA A COROA, S.A.T
    • 200 Cestos Godello 2018
    • Ladeira Vella 2016
  • BODEGA MELILLAS E FILLOS, S.L.
    • Lagar do Cigur 2013
  • ADEGA O CASAL, S.A.T.
    • Casal Novo Godello 2019
  • ADEGA QUINTA DA PEZA, S.L.
    • Quinta da Peza Godello 2018
    • Quinta da Peza Oro Mencía 2017
  • BODEGA JOAQUIN REBOLLEDO, S.A.
    • Joaquín Rebolledo Godello 2019
    • Joaquín Rebolledo Mencía 2019
  • BODEGA SANTA MARTA, S.A.T.
    • Viñaredo Godello 2018
  • BODEGA GODEVAL, S.L.
    • Godeval Godello 2018
    • Godeval Cepas Vellas Godello 2018
  • HACIENDA UCEDIÑOS, S.L.
    • Hacienda Ucediños Godello 2019
    • Hacienda Ucediños Mencia 2018
  • PAGO DE LOS CAPELLANES, S.L.
    • O Luar do Sil Godello 2018
    • O Luar do Sil Godello sobre Lías 2017
  • VIRXE DE GALIR, S.L.U.
    • Maruxa Godello 2018
    • Maruxa Mencia 2018
[arriba]

Novas Anteriores