19 Feb 2020

O Consello Regulador avanza na senda da transformación dixital coa implantación da aplicación Miconsejo.com

 

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras aprobou hoxe a implantación da aplicación miconsejo.com coma medio válido para os fluxos de comunicación que se realicen entre o C.R.D.O. e as adegas que o integran, tanto para a recepción de solicitudes e resolucions como para a comunicación de non conformidades, resolucións de solicitudes, retiradas de certificación, certificacións de produtos ou novos produtos.

Trátase dun software específico, a través dunha app deseñada ad hoc que operará coma un xestor de contidos cun sistema de comunicacións via enderezo electrónico e un sistema de notificacións para iOS e Android.

Permitirá axilizar os fluxos de comunicación entre o organismo e as adegas que o integran

Transformación dixital
Segundo destaca o presidente do organismo, José Luis García Pando, a aplicación permitirá “axilizar os trámites e fará transitar ao Consello Regulador pola senda da transformación dixital”.

Ao tempo, engade, posibilitará “que se achegue a información en tempo real, o que suporá un verdadeiro salto cualitativo na comunicación entre os diferentes axentes que conforman o C.R.D.O. Valdeorras”.

 

[arriba]

Novas Anteriores