17 Ago 2017

O Consello Regulador acorda ampliar os horarios da entrega da producción na vindeira campaña de vendima en casos excepcionais

O Pleno do Consello Regulador, reunido esta mañá en Vilamartín de Valdeorras, fixou as normas para a vindeira campaña de vendima no territorio amparado valdeorrés. Na xuntanza, aprobáronse as regras para explotadores, bodegas e vedores. Como principal novidade, acordouse ampliar máis alá das 22.00 horas os horarios de entrega de produción en casos excepcionais, sempre e cando o motivo esgrimido polas bodegas xustifique axeitadamente o retraso.

O Pleno tamén acordou contratar os vedores da vendima a través da empresa Ader, unha firma de traballo temporal coa que o Consello Regulador traballou no pasado durante anos. Xunto a isto e ante os cambios nos rendementos da produción, o Pleno decidiu instar aos viticultores que teñan dúbidas ao respecto a pasar pola sede do Consello Regulador para actualizar as súas tarxetas de vendima e adaptalas aos parámetros fixados.

Na xuntanza de hoxe aprobáronse as normas da vendima para explotadores, bodegas e vedores; e que se contará cos servizos da empresa temporal Ader para a contratación dos vedores

Paralización das verificacións de aptitude dos viños
Finalmente, como en anos anteriores, o Pleno do Consello Regulador aprobou paralizar as verificacións de aptitude das partidas de viños. É dicir, para non interferir coa vendima, paralízase entre o 13 de setembro e o 18 de outrubro o traballo ordinario de catas que se vén desenvolvendo periódicamente nas instalacións do Consello. Polo tanto, as bodegas interesadas teñen agora catro semanas por diante para poder verificar a aptitude das súas partidas antes de que se paralicen temporalmente as catas.

Ante os cambios nos rendementos, o Pleno insta aos viticultores que teñan dúbidas ao respecto a pasar pola sede do Consello Regulador para actualizar as súas tarxetas e adaptalas aos parámetros fixados

[arriba]

Novas Anteriores