05 Nov 2018

O Consello Regulador acollerá un obradoiro práctico centrado nos defectos do viño

A sede do Consello  Regulador, en Vilamartín de Valdeorras, acollerá o vindeiro xoves 15 de novembro o desenvolvemento dun obradoiro práctico denominado Defectos do viño. Novos procesos de detección e corrección, que será impartido por técnicos da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e da Asociación Galega de Enólogos (AGE).

Os obxectivos deste obradoiro práctico consisten en fomentar a aprendizaxe para que os participantes poidan detectar o limiar de percepción de cada defecto do viño. Xunto a isto, poderán coñecer as moléculas responsables dos defectos máis comúns dos viños, a súa orixe e os seus mecanismos de aparición. Fomentarase, tamén, o estudo do comportamento dos viños fronte aos defectos e ensinarase cales son os mecanismos máis frecuentes para previr e eliminar estes defectos.

Os interesados en participar neste seminario poden inscribirse dende xa a través das páxinas web da Consellería do Medio Rural ou da Evega:
– www.mediorural.xunta.gal
www.evega.xunta.gal

Programa
09:00-09:30 Entrega da documentación. Presentación do taller.
09:30-10:00 Bases fisiolóxicas dos sentidos utilizados na análise sensorial dos viños. Como funcionan os sentidos en referencia aos estímulos percibidos dun viño.
10:00-11:15 Explicación práctica dos principais defectos do viño. Como se producen, a súa estrutura química, a súa prevención e a posibilidade de eliminalos. Novas formas de detección.
11:15-11:45 Pausa-café.
11:45-12:30 Continuación da ponencia sobre os principais defectos do viño.
12:30-14:00 Detección práctica dos principais defectos olfactivos que se poden producir nun viño. O limiar de percepción. Novos procesos de corrección.

Ponentes
José Daniel Fornos Rivas, licenciado en Ciencias Químicas. Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA).
Luis Buitrón Barrios, enólogo. Presidente da Asociación Galega de Enólogos (AGE).

Terá lugar o vindeiro xoves 15 de novembro na sede do organismo

 

[arriba]

Novas Anteriores