26 Ago 2019

O C.R.D.O. Valdeorras aumenta as garantóioas de procedencia da uva de cara á vindeira tempada de vendima

O Pleno do Consello Regulador, reunido esta mañá en Vilamartín de Valdeorras, decidiu por unanimidade acometer pequenas modificacións nas normas de vendima, todas elas encamiñadas a acadar que aumenten as garantías de procedencia da uva. “Neste sentido, no tempo que dure a vendima os produtores deberán levar sempre consigo a documentación que acredite a súa vinculación ao territorio amparado”, sinala o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando.
Con estas modificacións, finalízanse os trámites preparatorios para a campaña de vendima 2019 na comarca, que se iniciará nos vindeiros días e se prevé “moi boa”, tal e como destaca García Pando. Para a vendima, o Pleno do C.R.D.O. Valdeorras acordou tamén contración dos vedores a través dunha firma de traballo temporal coa que o organismo xa colaborou noutras campañas.

O Pleno aprobou a contratación de vedores para os traballos de recollida da uva

Paralización de catas
Tamén ao igual que en anos anteriores, o Pleno do Consello Regulador aprobou paralizar as verificacións de aptitude das partidas de viños. É dicir, para non interferir coa vendima, paralízase o traballo ordinario de catas que se vén desenvolvendo periodicamente nas instalacións do Consello. Polo tanto, as adegas interesadas teñen agora 15 días por diante para poder verificar a aptitude das súas partidas antes de que se paralicen temporalmente as catas.
Finalmente, o Pleno aprobou tamén mudar as condicións do contrato dun dos técnicos do organismo, que pasa a ser persoal fixo do Consello.

[arriba]

Novas Anteriores