06 Set 2019

Nove viños brancos e seis tintos de Valdeorras distinguidos na última edición da cata da Asociación de Sumilleres de Galicia

A Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia vén de facer pública a listaxe de viños distinguidos na última edición da súa cata anual, na que participaron 640 referencias de viños e destilados das diferentes denominacións de orixe galegas. Das 73 referencias vinícolas distinguidas polo xurado, un total de 15 pertencen á D.O. Valdeorras. “Trátase de dúas referencias máis en relación ao ano pasado, o que evidencia que a calidade dos nosos viños vai en aumento”, considera José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador.

 Increméntanse en dúas as referencias distinguidas en relación ao ano pasado

Deste xeito, nove viños brancos e seis tintos do territorio amparado valdeorrés acadan unha das “Distincións Gallaecia 2019”. Son os seguintes:

Brancos (marca-adega)

2018 Godeval Cepas Vellas – Godeval

2018 Luar do Sil – Luar do Sil

2018 A Coroa – A Coroa

2017 Viña Abab Summun – Cooperativa Jesús Nazareno

2017 Godeval 1986 – Godeval

2017 Guitián Barrica – A Tapada

2017 Fernando González – Valdeiga

2017 Luar do Sil Lías – Luar do Sil

2017 A Coroa 200 Cestos – A Coroa

 

Tintos (marca-adega)

2018 Sampayolo Garnacha Tintoreira – Sampayolo

2017 Escada – Alán de Val

2016 Sampayolo A Chaira do Ramiriño – Sampayolo

2016 Ladeira Vella – A Coroa

2015 Ventura – A Pinguela

2013 Lagar do Cigur Crianza Garnacha Tintoreira – Melillas e Fillos

DO Valdeorras Casa Galicia

[arriba]

Novas Anteriores