O Consello Regulador da D.O. Valdeorras iniciará os trámites para recoñecer e amparar viños rosados
O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, reunido esta mañá na sede do organismo, decidiu iniciar os trámites para recoñecer e amparar, no seu prego de condicións, viños rosados. Deste xeito, o territorio amparado valdeorrés sigue a senda doutras denominacións de orixe galegas que decidiron amparar esta tipoloxía de viños que “cada vez contan..
As adegas de Valdeorras reciben a acreditación das medallas conseguidas nas Catas HGg&T 2018
As adegas da D.O.Valdeorras recibiron as medallas individualizadas que as acreditan como triunfadoras das catas HGg&T celebradas durante o ano 2018, cun acto que tivo lugar este mércores 18 de novembro ás 13:00 nas instalacións do C.R.D.O. Valdeorras, no que estivo presente o seu presidente, José Luis García Pando, xunto a representantes da Asociación Galega..
A Guía de Viños de Luis Paadín outorga a medalla “Gran Ouro” a 20 referencias valdeorresas
Un ano máis, o recoñecido enólogo Luis Paadín presentou en Valdeorras a súa Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia. Un traballo que, nesta edición de 2020, distingue co selo “Gran Ouro” a 20 referencias de viño da comarca. Xunto a isto, 68 viños valdeorreses son distinguidos coa medalla de ouro e 43 doa..
O Consello Regulador impulsa a creación dun ciclo superior de Técnico Especialista en Vitivinicultura na comarca, o primeiro FP Dual de Valdeorras
O Consello Regulador da D.O. Valdeorras promove a creación dunha ciclo de Formación Profesional Dual na comarca, en concreto o Superior de Técnico Especialista en Vitivinicultura. “Con esta finalidade establecemos contactos coa Consellería de Educación e mantivemos tamén unha primeira xuntanza cunha representación de adegas valdeorresas”, sinala José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador…
Conclúe oficialmente a vendima en Valdeorras con 6.798.065 quilos de uvas recollidos
A campaña da vendima 2019 conclúe oficialmente en Valdeorras cun total de 6.798.065 quilos de uva recollidos, o que supón un incremento de dous millóns de quilos con respecto ao ano pasado ou, o que é o mesmo, case un 45% máis. Tras case dous meses de traballo nas viñas por parte das diversas bodegas..
Nove viños brancos e seis tintos de Valdeorras distinguidos na última edición da cata da Asociación de Sumilleres de Galicia
A Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia vén de facer pública a listaxe de viños distinguidos na última edición da súa cata anual, na que participaron 640 referencias de viños e destilados das diferentes denominacións de orixe galegas. Das 73 referencias vinícolas distinguidas polo xurado, un total de 15 pertencen á D.O. Valdeorras. “Trátase de..
O Consello Regulador apoia a iniciativa “Valdeorras: Denominación de cine” porque o “viño faise na viña, pero tamén na sociedade”
A iniciativa “Valdeorras: Denominación de Cine” que promoveu, ao longo de toda a semana, a rodaxe de curtas no territorio amparado da comarca presentou esta mañá, nun acto en Vilamartín de Valdeorras, aos membros do xurado que avaliarán as pezas que se presentan a concurso. No decurso da presentación, tomou a palabra en representación do..
Comenza a vendima en Valdeorras cunha previsión de superar os seis millóns de quilos de uva recollida
A tempada de vendima 2019 comeza hoxe na comarca co inicio das tarefas de recollida da uva nas adegas Santa Marta S.A.T. e María Teresa Núñez Vega, ambas as dúas integradas no Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Hoxe xoves inician a vendima as adegas Santa Marta e María Teresa Núñez Vega; mañá, e o luns, Godeval..
O C.R.D.O. Valdeorras aumenta as garantóioas de procedencia da uva de cara á vindeira tempada de vendima
O Pleno do Consello Regulador, reunido esta mañá en Vilamartín de Valdeorras, decidiu por unanimidade acometer pequenas modificacións nas normas de vendima, todas elas encamiñadas a acadar que aumenten as garantías de procedencia da uva. “Neste sentido, no tempo que dure a vendima os produtores deberán levar sempre consigo a documentación que acredite a súa..
A Feira do Viño de Valdeorras pecha cun balance dun 5% máis de degustacións en relación ao ano pasado
Desde o Consello Regulador estímase que na XXII Feira do Viño Valdeorras, que se celebrou a pasada fin de semana na praza barquense de Viloira, se serviron por riba de 8.400 copas de viño, unha cantidade que supera nunhas 400 unidades as degustacións rexistradas o ano pasado (aproximadamente un 5% máis) O presidente do Consello..