Bases do concurso de carteis para a XX Feira do Viño de Valdeorras

Introdución A Feira do Viño de Valdeorras acada, neste ano 2017, a súa vixésima edición. Para promocionar o foro cómpre contar cun cartaz ilustrativo orixinal, motivo polo cal o Consello Regulador decide convocar un concurso aberto a todos os interesados en participar. O cartaz debe por en valor dun xeito gráfico o “saber facer único”..

Ler Máis →

20 Mai 2017

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras, partidario de incrementar a valorización do prezo das uvas como paso previo para a actualización dos seguros de viñedos

A secretaria do Consello Regulador manterá mañá en Santiago unha nova reunión con membros da Consellería do Medio Rural na que se abordará a posta en marcha de políticas encamiñadas a fomentar a contratación de seguros de viñedo na comarca, como medida que serva para atenuar e diminuír as consecuencias de posibles perdas económicas orixinadas..

Ler Máis →

18 Mai 2017

Os consellos reguladores de Valdeorras, Monterrei e Ribeiro solicitan formalmente a declaración de zona catastrófica

Os consellos reguladores das denominacións de orixe de Valdeorras, Monterrei e Ribeiro solicitaron hoxe formalmente, perante o Goberno Central e a Xunta de Galicia, a solicitude de declaración de zona catastrófica (actualmente denominada zona de emerxencia), para os seus territorios amparados. Esta petición realízase logo das xeadas rexistradas os pasados 26 e 27 de abril..

Ler Máis →

15 Mai 2017

O Consello Regulador e cinco adegas da comarca participan estes días en Fenavín, unha das feiras de referencia do sector vitivinícola en España

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras e cinco bodegas da comarca (Rebolledo, Valdesil, Virxe de Galir, A Coroa e Cooperativa Jesús Nazareno) participan estes días en Cidade Real no prestixioso foro especializado Fenavín, unha das feiras de referencia do sector vitivinícola en España. Fenavín 2017 abre as súas portas mañá e prolongarase ata o vindeiro..

Ler Máis →

08 Mai 2017

O CONSELLO REGULADOR DA D.O. VALDEORRAS APROBA MEDIDAS PARA PALIAR OS DANOS OCASIONADOS POLA XEADA

O Pleno do Consello Regulador reuniuse hoxe para estudar e aprobar diferentes medidas que axuden a paliar os danos ocasionados polas baixas temperaturas rexistradas a semana pasada na comarca de Valdeorras e que orixinaron numerosos estragos nas colleitas. Durante o Pleno, no que se coñeceu un informe de impacto de danos, o presidente do Consello..

Ler Máis →

02 Mai 2017

O presidente do Consello Regulador convoca un pleno extraordinario para estudiar a adopción de medidas que axuden a paliar os danos da xeada na colleita

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras convocou esta mañá un Pleno Extraordinario para o vindeiro martes 2 de maio, cuxo obxectivo é consensuar a adopción de medidas que axuden a paliar os danos ocasionados pola xeada na colleita do territorio amparado.  O Pleno celebrarase o vindeiro martes 2 de maio “Dentro dunha semana teremos..

Ler Máis →

28 Abr 2017

A XX Feira do Viño de Valdeorras celebrarase no Barco os vindeiros 15 e 16 de xullo

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras fixou hoxe a data de celebración da vindeira edición da Feira do Viño, que terá lugar no Barco durante a fin de semana do 15 e 16 de xullo. Trátase da vixésima edición desta feira, na que se espera elevar a participación de bodegas con respecto a..

Ler Máis →

27 Abr 2017

Os viños de Valdeorras conquistan Madrid

Un total de 53 referencias de brancos e tintos de Valdeorras, pertencentes a 21 bodegas (a metade das que conforman a D.O.), puideron degustarse esta tarde en Madrid no acto de presentación da colleita 2016 da comarca, no que participaron representantes dos ámbitos institucional, político, empresarial e social da capital de España, así como diversos..

Ler Máis →

24 Abr 2017

O Consello Regulador colaborará nun proxecto impulsado pola Estación Enolóxica de Haro para favorecer a identificación de variedades de viño e garantir a súa orixe

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras colaborará coa Estación Enolóxica de Haro, na Rioxa, na obtención da “pegada dactilar” de diferentes variedades que esta entidade está a impulsar coa finalidade de configurar un completo mapa de viños en España. A iniciativa ten como finalidade identificar máis de medio cento de parámetros de cada mostra do..

Ler Máis →

20 Abr 2017

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras presenta a súa colleita de 2016 en Madrid

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras presentará a súa colleita 2016 de Vadeorras na capital de España, no decurso dun acto que se celebrará na Casa de Galicia en Madrid o vindeiro luns, 24 de abril. Este evento promocional súmase ao realizado hai pouco máis dun mes en Santiago de Compostela e, ao igual que..

Ler Máis →

19 Abr 2017

Novas Anteriores