Un total de 12 listaxes concorrerán aos comicios para renovar o pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras

A Xunta Electoral vén de realizar a proclamación definitiva das candidaturas que concorrerán aos comicios do vindeiro 19 de febreiro para renovar o Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Así, 12 listaxes, que se incardinan nos censos A1, A2, B1, B2 e C -estipulados nas bases da convocatoria electoral- veñen de ser consideradas definitivas…

Ler Máis →

26 Xan 2023

Aprobados os censos provisionais para a renovación do órgano de goberno do Consello Regulador

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras aprobou onte os censos provisionais para a renovación do órgano de goberno do organismo de cara aos comicios que terán lugar o 19 de febreiro de 2023. Estes censos van estar a disposición dos interesados na sé do Consello e aqueles que queiran contar cunha copia dos documentos..

Ler Máis →

01 Dec 2022

Os viños de Valdeorras promociónanse en Ámsterdam xunto a referencias vinícolas e de destilados doutras denominacións de orixe galegas

Ata a capital holandesa viaxaron referencias de viño de máis de 80 adegas galegas, así coma licores dunha ducia de empresas comercializadoras da comunidade autónoma, amparados baixo os selos de calidade dos consellos reguladores que conforman Acruaga, para participar nun acto de degustación no Van der Valk Hotel da cidade. Deste xeito, Ámsterdam convértese, tras..

Ler Máis →

09 Nov 2022

Representantes de adegas valdeorresas fórmanse nunha xornada acreditada pola Wine & Spirit Education Trust (WSET)

Un total de 25 representantes de adegas amparadas baixo os diferentes selos de calidade dos consellos reguladores de viños e augardentes galegos participaron hoxe no balneario de Laias, en Cenlle (Ourense), nunha xornada formativa en enoloxía homologada pola Wine & Spirit Education Trust (WSET). Esta acción foi impulsada dende a Asoicación de Consellos Reguladores Vitivinícolas..

Ler Máis →

04 Nov 2022

O Consello Reglador de Valdeorras súmase á iniciativa “Movemento Viño D.O.” cun brinde dende a cova do Restaurante Peyma na Rúa

Calcúlase que existen máis de 1.000 covas (covas subterráneas construídas para conservar o viño) espalladas por toda a xeografía de Valdeorras, que conforman parte do patrimonio etnográfico e vitivinícola máis singular da zona, tal e como desvelou nun foro sobre o Camiño de Inverno celebrado na comarca e respaldado polo Consello Regulador a experta Carina Rodríguez…

Ler Máis →

22 Out 2022

Valdeorras conclúe o tempo de vendima con algo mais de 6,5 millóns de quilos de uva recollidos

Tras mes e medio de traballo, a campaña da vendima 2022 conclúe en Valdeorras con máis de 6,5 millóns de quilos de uva recollidos, o que permitirá producir arredor de 4,5 millóns de litros de viño segundo estiman os técnicos do Consello Regulador. Ao igual que en anos anteriores, a variedade godello volve ser a..

Ler Máis →

13 Out 2022

A Denominación de Orixe Valdeorras súmase ao Movemento Viño D.O. 2022, que este ano pon o foco na sostibilidade

O Consello Regulador de Valdeorras súmase ao Día Movemento Viño D.O., que terá lugar o vindeiro 22 de outubro. Trátase dunha acción que naceu en 2017 e que este ano, na súa sexta edición e baixo o lema “Denominacións de orixe, territorios sustentables”, volve ao seu formato presencial. E faino ao grande, reunindo o maior..

Ler Máis →

06 Out 2022

Un total de oito viños brancos e catro tintos da Denominación de Orixe Valdeorras, distinguidos por Gallaecia

Veñen de darse a coñecer as distincións da Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia” neste 2022. Os expertos recoñeceron oito viños brancos e catro tintos do noso territorio amparado, dos 97 que se presentaron a concurso. A 12 referencias distinguidas pertencen a oito adegas da comarca. Así, no apartado de brancos “Gallaecia” distinguiu a Godeval..

Ler Máis →

28 Set 2022

Valdeorras comeza mañá os traballos de vendima na campaña de 2022

O territorio amparado valdeorrés comezará mañá oficialmente a vendima deste ano coas tarefas de recollida da uva na adega Godeval, emprazada no Barco de Valdeorras. Ao día seguinte, mércores, será a quenda de Valdesil, adega situada no municipio de Vilamartín de Valdeorras, quen comece os traballos de vendima. “A deste ano na comarca é unha..

Ler Máis →

22 Ago 2022

Os sumilleres de “Gallaecia” consideran que a variedade godello está plenamente arraigada na comarca e “é un produto excepcional”

Un total de 20 membros da Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia” cataron hoxe no Hotel Paladium de Vilamartín de Valdeorras 46 referencias de viños brancos e 51 de tintos do territorio amparado da comarca. Fixérono durante tres horas para puntualas e valoralas de cara á vindeira edicion da Guía dos Viños, Destilados e Augardentes..

Ler Máis →

08 Ago 2022

Novas Anteriores