O Consello Regulador promove unha xornada informativa sobre seguros agrarios para o viñedo

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras promove, en colaboración coa Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, unha xornada informativa sobre seguros agrarios para o viñedo. O obxectivo desta iniciativa é, segundo destaca o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, “favorecer a contratación de seguros por parte..

Ler Máis →

13 Nov 2017

Nove adegas de Valdeorras participan na Feira Internacional de Viño de Hong Kong, que comeza o vindeiro xoves

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras participará entre o 9 e o 11 deste mes de novembro na Hong Kong International Wine and Spirits Fair, “unha das feiras vinícolas máis relevantes de cantas se celebran no continente asiático”, segundo destaca o presidente do organismo, José Luis García Pando. “O consumidor medio chinés dispón cada vez..

Ler Máis →

06 Nov 2017

Finaliza oficialmente a campaña da vendima en Valdeorras, con 4,18 millóns de quilos de uva recollidos

A vendima 2017, unha das máis temperás da historia de Valdeorras, vén de finalizar oficialmente na comarca. Neste ano 2017 recolléronse un total de 4.180.488 quilos de uva, fronte aos 4.656.213 quilos do ano pasado. Esta redución do 12% débese, tal e como explica o presidente do Consello Regulador, “aos fenómenos meteorolóxicos adversos producidos este..

Ler Máis →

09 Out 2017

Hoxe presentouse a campaña de promoción “Cinco gallegas en Madrid”

Turismo de Galicia presentou hoxe a campaña de promoción vitivinícola “5 Galegas en Madrid”. As cinco denominacións de orixe do viño de Galicia (Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra) foron as grandes protagonistas dun evento celebrado no espazo enolóxico Lavinia. O acto contou coa participación de Ana Pastor, presidenta do Congreso dos Deputados…

Ler Máis →

14 Set 2017

O Consello Regulador acorda ampliar os horarios da entrega da producción na vindeira campaña de vendima en casos excepcionais

O Pleno do Consello Regulador, reunido esta mañá en Vilamartín de Valdeorras, fixou as normas para a vindeira campaña de vendima no territorio amparado valdeorrés. Na xuntanza, aprobáronse as regras para explotadores, bodegas e vedores. Como principal novidade, acordouse ampliar máis alá das 22.00 horas os horarios de entrega de produción en casos excepcionais, sempre..

Ler Máis →

17 Ago 2017

O presidente do Consello Regulador sinala que se asumirán os compromisos e os contratos en vigor herdados do anterior mandato

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras mantivo hoxe a súa primeira xuntanza ordinaria tras o nomeamento de José Luis García Pando como presidente do organismo a finais do mes pasado. No decurso da reunión, os membros do Pleno puideron coñecer un informe sobre o estado actual do organismo, que incluía datos sobre a..

Ler Máis →

08 Ago 2017

José Luis García Pando, elixido presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras

O novo Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras reuniuse hoxe por vez primeira, logo das eleccións do pasado 9 de xullo, nunha sesión constitutiva presidida por Yago Borrajo, xefe territorial da Consellería do Medio Rural en Ourense. O Pleno elixiu a José Luis García Pando como presidente do organismo, quen xa ocupara a Presidencia..

Ler Máis →

28 Xul 2017

Máis de 7.000 degustacións, rexistradas na XX Feira do Viño de Valdeorras

Desde o Consello Regulador estímase que a XX Feira do Viño Valdeorras, que se celebrou a pasada fin de semana na praza barquense de Viloira, atraeu máis de 8.000 visitantes. Aproximadamente, servíronse por riba das 7.000 degustacións, unha cantidade similar á do ano pasado. O presidente en funcións do Consello Regulador agradece tanto ás bodegas..

Ler Máis →

17 Xul 2017

Entrega de premios aos mellores viños da XVIII Cata Oficial de Valdeorras

Na tarde de hoxe entregáronse, na praza barquense de Viloira, os premios aos mellores viños da XVIII Cata Oficial de Valdeorras, iniciativa enmarcada na celebración da XX Feira do Viño na que participaron 13 bodegas da comarca cun total de 31 referencias distintas (18 marcas de tinto e 13 de branco). Os viños e as..

Ler Máis →

16 Xul 2017

Francisco García destaca a necesidade de articular circuítos turísticos arredor do viño en Valdeorras

O presidente en funcións do Consello Regulador, Francisco García, expuxo a necesidade de “articular circuítos turísticos arredor do viño en Valdeorras” no discurso que pronunciou con motivo da inauguración da XX Feira do Viño da comarca perante a conselleira do Medio Rural, o vicepresidente da Deputación de Ourense e o alcalde do Barco. O acto..

Ler Máis →

15 Xul 2017

Novas Anteriores