O CONSELLO REGULADOR DA D.O. VALDEORRAS APROBA MEDIDAS PARA PALIAR OS DANOS OCASIONADOS POLA XEADA

O Pleno do Consello Regulador reuniuse hoxe para estudar e aprobar diferentes medidas que axuden a paliar os danos ocasionados polas baixas temperaturas rexistradas a semana pasada na comarca de Valdeorras e que orixinaron numerosos estragos nas colleitas. Durante o Pleno, no que se coñeceu un informe de impacto de danos, o presidente do Consello..

Ler Máis →

02 Mai 2017

O presidente do Consello Regulador convoca un pleno extraordinario para estudiar a adopción de medidas que axuden a paliar os danos da xeada na colleita

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras convocou esta mañá un Pleno Extraordinario para o vindeiro martes 2 de maio, cuxo obxectivo é consensuar a adopción de medidas que axuden a paliar os danos ocasionados pola xeada na colleita do territorio amparado.  O Pleno celebrarase o vindeiro martes 2 de maio “Dentro dunha semana teremos..

Ler Máis →

28 Abr 2017

A XX Feira do Viño de Valdeorras celebrarase no Barco os vindeiros 15 e 16 de xullo

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras fixou hoxe a data de celebración da vindeira edición da Feira do Viño, que terá lugar no Barco durante a fin de semana do 15 e 16 de xullo. Trátase da vixésima edición desta feira, na que se espera elevar a participación de bodegas con respecto a..

Ler Máis →

27 Abr 2017

Os viños de Valdeorras conquistan Madrid

Un total de 53 referencias de brancos e tintos de Valdeorras, pertencentes a 21 bodegas (a metade das que conforman a D.O.), puideron degustarse esta tarde en Madrid no acto de presentación da colleita 2016 da comarca, no que participaron representantes dos ámbitos institucional, político, empresarial e social da capital de España, así como diversos..

Ler Máis →

24 Abr 2017

O Consello Regulador colaborará nun proxecto impulsado pola Estación Enolóxica de Haro para favorecer a identificación de variedades de viño e garantir a súa orixe

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras colaborará coa Estación Enolóxica de Haro, na Rioxa, na obtención da “pegada dactilar” de diferentes variedades que esta entidade está a impulsar coa finalidade de configurar un completo mapa de viños en España. A iniciativa ten como finalidade identificar máis de medio cento de parámetros de cada mostra do..

Ler Máis →

20 Abr 2017

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras presenta a súa colleita de 2016 en Madrid

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras presentará a súa colleita 2016 de Vadeorras na capital de España, no decurso dun acto que se celebrará na Casa de Galicia en Madrid o vindeiro luns, 24 de abril. Este evento promocional súmase ao realizado hai pouco máis dun mes en Santiago de Compostela e, ao igual que..

Ler Máis →

19 Abr 2017

Os sectores produtivos do viño e da lousa comprométense a colaborar perante a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez

No marco da visita realizada na xornada de hoxe a Valdeorras pola conselleira do Medio Rural da Xunta, Ángeles Vázquez, asinouse unha declaración de intencións de colaboración entre o Consello Regulador e Clúster da Pizarra. Francisco García, presidente da D.O. Valdeorras, e Severino González, xerente do Clúster, asinaron un texto que compromete a ambos os..

Ler Máis →

04 Abr 2017

O presidente do Consello Regulador entrevistarase coa conselleira do Medio Rural o vindeiro martes

Membros do gabinete da Consellería Medio Rural notificaron recentemente ao presidente do Consello Regulador, Francisco García, a intención de Ángeles Vázquez de visitar a comarca de Valdeorras para coñecer, de primeira man, a realidade do sector vitivinícola da comarca. Durante a visita, que terá lugar, previsiblemente, o vindeiro martes, a titular de Medio Rural entrevistarase..

Ler Máis →

31 Mar 2017

Os sectores produtivos do viño e da lousa amosan o seu compromiso de impulsar accións de colaboración conxuntas

Representantes dos dous sectores produtivos máis significativos da comarca, viño e lousa, reuníronse esta mañá co obxecto de estudar posibles alianzas e estratexias de cooperación conxuntas, unha iniciativa que conta co respaldo da alcaldesa de Carballeda de Valdeorras. Francisco García, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, e Severino González, xerente do Clúster da Pizarra..

Ler Máis →

16 Mar 2017

O Consello Regulador e o Inorde colaboran na posta en marcha dun novo curso práctico de poda

Logo do éxito do curso práctico de poda desenvolvido o pasado sábado en Vilamartín de Valdeorras polo Consello Regulador e o Inorde, ambas as entidades promoven de novo conxuntamente unha nova edición desta iniciativa. Celebrarase na mañá do vindeiro sábado, día 18, e estará dirixida, ao igual que o sábado pasado, polo técnico Francisco Rego,..

Ler Máis →

15 Mar 2017

Novas Anteriores