25 Set 2015
Cartel anunciador do evento

Cartel anunciador do evento

    13 establecementos de A Coruña ofrecen 17 maridaxes de tapas con viños de Valdeorras no concurso “Picadillo”. Esta é unha nova categoría que se puxo en marcha, co patrocinio da Denominación de Orixe Valdeorras, dentro do XII Concurso de Tapas Picadillo no que participan 74 locais. Todos eles están divididos en 4 rutas onde se ofrecen 97 tapas que participan, a súa vez, en dúas categorías: tradicionais e creativas.   A iniciativa atópase nestes días na súa recta final polo que xa se reuniu o xurado que premiará as mellores tapas e maridaxes. Os xurados foron visitando de incógnito os locais e ademais dende a organización do evento explican que a categoría de maridaxe será valorada por un sumiller profesional.

    O presidente do Consello Regulador Valdeorras, José Vicente Solarat, como entidade patrocinadora da nova categoría, participou como xurado nesta edición que está organizada polo Concello da Coruña xunto con Turismo da Coruña e a Deputación provincial. A actividade péchase o día 27 e despois coñecerase aos gañadores de cada categoría.

Soledad Figueroa

[arriba]

Novas Anteriores