17 Xul 2017

Máis de 7.000 degustacións, rexistradas na XX Feira do Viño de Valdeorras

Desde o Consello Regulador estímase que a XX Feira do Viño Valdeorras, que se celebrou a pasada fin de semana na praza barquense de Viloira, atraeu máis de 8.000 visitantes. Aproximadamente, servíronse por riba das 7.000 degustacións, unha cantidade similar á do ano pasado.

O presidente en funcións do Consello Regulador agradece tanto ás bodegas participantes como ao público asistente a súa presenza no recinto feiral, sen os cales “non tería sido posible o éxito acadado”.

O foro vinícola, celebrado no Barco, atraeu máis de 8.000 persoas

[arriba]

Novas Anteriores