/* */ Máis de 6.000 visitantes nos dous días de actividade da Feira do Viño de Valdeorras
14 Xul 2015

Máis de 6.000 visitantes nos dous días de actividade da Feira do Viño de Valdeorras

SONY DSC

A XVIII Feira do Viño de Valdeorras “foi todo un éxito” e cumpriu o seu obxectivo de ser  “un acto lúdico festivo de exposición dos viños desta comarca”  tal e como explica o presidente del Consello Regulador de Valdeorras, José Vicente Solarat. Nos dous días de feira a organización indica que se superou a cifra de 6.000 visitantes, sendo o sábado o día con maior afluencia de público chegando a esgotarse os 4.000 tickets de degustación que se tiñan previstos. José Vicente Solarat destaca tanto ese buen resultado de público, coa presenza de moita xente nova, como o acertado da ubicación “a praza de Viloira foi  ideal para a feira”.

 

SONY DSC

O responsable do Consello  destacou que actos complementarios como a música do primeiro festival Valdeorrock e a cata popular  do domingo coa sumiller, Mercedes González,  congregaron a gran cantidade de público.

SONY DSC

Ademais os visitantes tamén valoraron positivamente o transporte gratuíto dentro da vila barquense a través do tren turístico “Valdeorras Expreso” e os máis pequenos encheron por momentos o  parque de xogos inchables nos xardíns da Casa Grande de Viloira, ao lado do recinto feiral.

SONY DSC

Empezar a traballar para a próxima

Unha vez pechada a XVIII edición toca traballar para a seguinte e o presidente do Consello xa anuncia que se empezará no mes de outubro a organizar. Un dos obxectivos que se marca José Vicente Solarat é “aumentar a presenza de máis adegas”.

SONY DSC

Caseta da D.O. Valdeorras con xente esperando para comprar os tickets

SONY DSC

Adega Eladio Santalla gañador primeiro premio tintos con viño Facenda Ucediños

 

SONY DSC

Adega Santa Marta primeiro premio godello Viñaredo en Feira Viño

[arriba]

Novas Anteriores