10 Xan 2015

Luís Paadin valora a potencialidade para envellecer os viños de Valdeorras

luis-paadin O sumiller Luís Paadín falou con devoción dos  viños de Valdeorras ao presentar a súa nova guía de viños e augardentes galegos para o 2015. Explicou que “sorprenden pola súa estrutura en boca e mineralidade nos brancos e pola alegría e diversidade nos tintos e pola capacidade para envellecer nos dous casos”. Estes son algúns dos adxectivos que utilizou para describir os viños catados no mes de xuño do ano pasado e que agora figuran na Guía de Viños e Destilados de Galicia 2015. Nesta terceira edición, Luis Paadín e o seu equipo, recollen máis de 523 adegas e destilerías de toda Galicia en 535 fichas de cata, en total atópanse máis de 1400 referencias de viños e destilados galegos. Con respecto aos de Valdeorras están presentes 46 adegas, todas as da denominación, e a metade obtiveron medallas de Gran Ouro, Ouro, Prata e Bronce nalgunha das súas marcas de viño ou en varias delas. Luis Paadín explicou que o 29 % das medallas que concederon nesta denominación foron para colleitas anteriores ao 2013 polo que “ se desmonta o mito de que Valdeorras solo ten viños xóvenes, frescos e afroitados, tamén hai viños de garda moi interesantes”.   luis-paadin-valdeorras-guia-vinos A valoración xeral para os brancos do 2013 foi de viños con mais mineralidade e os tintos son  “alegres e hai diversidade, sorprendéronme as garnachas que obtiveron puntuacións altas”, relatou Paadín. Tamén considera positivo que se note “menos a madeira nos viños, non son tan pinochos e son máis froiteiros, e eu son seguidor desta tendencia”. A guía está á venda dende o mes de decembro en librerías e por internet para poder contar  cunha orientación do que se elabora en Galicia. Os viños puntuados participarán en varios actos que se organizarán en Galicia e en Madrid nos próximos meses. guia-vinos-destilados-bodegas-galicia-2015

[arriba]

Novas Anteriores