14 Mai 2020

Lagar do Cigur Crianza 2013 escollido como “Mellor Viño Español” do Frankfurt International Trophy

O prestixioso certame Frankfurt International Trophy seleccionou o Lagar do Cigur Crianza 2013 da adega Melillas e Fillos coma o “Mejor Vino Español” do evento. Das máis de 2.000 referencias de 40 países que participaron nesta edición, só catorce recibiron o máximo galardón que otorga o xurado, o “Gran Ouro”. Delas, dúas eran españolas. Este monovarietal de garnacha tintoreira valdeorrés e un xeneroso de Rueda.

Ademais do Lagar do Cigur Crianza 2013, tamén foi premiado no certame alemán outro viño do noso Consello Regulador. O Bioca Godello 2019 da adega María Teresa Núñez Vega recibiu unha “Medalla de Ouro”.

Máis de 2.000 referencias de 40 países participaron na edición 2020 deste prestixioso certame

Frankfurt International Trophy
Para seleccionar aos galardonados, un xurado internacional catou a cegas cada viño utilizando unha táboa de evaluación que se basa nos criterios de análise sensorial da OIV (Organización Internacional da Viña e do Viño). Para garantizarlles aos compradores unha selección óptima, o concurso só otorga medallas a un tercio das mostras presentadas. O presidente de honor do evento en 2020 foi Nils Henkel, o chef do restaurante Schwarzenstein, Geisenheim-Johannisberg (dúas Estrellas Michelin).

 

.

[arriba]

Novas Anteriores