10 Mar 2023

José Ramón Rodríguez Castellanos, elixido novo presidente do Consello Regulador do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras

Imagen del pleno celebrado esta tarde en Vilamartín

Os novos vogais electos que conforman o Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras tomaron hoxe posesión dos seus cargos e reuníronse por primeira vez neste mandato, na sé do organismo, nunha sesión na que se decidiu nomear a José Ramón Rodríguez, vinculado á Bodega Joaquín Rebolledo S.A., como novo presidente da entidade. A sesión foi presidida por José Luis Cabarcos, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) dependente da Consellería do Medio Rural.

Como vicepresidente primeiro foi escollido Roberto Fernández, vogal en representación de Adega A Coroa S.A.T. e como vicepresidente segundo, Antonio García, do Sindicato Labrego Galego. Finalmente, como vicepresidente terceiro o Pleno elixiu a Manuel Fernández, da Bodega Cooperativa Jesús Nazareno.

Como representantes do sector produtor, censo A, tomaron posesión dos seus cargos como vogais Iván Rodríguez (da Candidatura Viticultores Independentes de Valdeorras), Antonio García (en representación do Sindicato Labrego Galego) e Ricardo Dobao (tamén de Viticultores Independentes por Valdeorras).

En representación do sector industrial, censo B, recolleron as credenciais como vogais José Guitián, en representación da Bodega Santa Marta S.A.T, Roberto Fernández, en representación da Adega A Coroa S.A.T. e José Luis Bartolomé, en representación de Bodegas Godeval S.L.

Finalmente, en representación do sector cooperativo, censo C, recolleron as súas actas como vogais Manuel Fernández, da Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, e Carlos Aristegui, da Bodega Cooperativa Virxe das Viñas.

De izquierda a derecha, Roberto Fernádez, Manuel Fernández y Antonio García; los tres vicepresidentes escogidos hoy por el pleno del Consejo Regulador

Breve reseña curricular
Nado en 1978 na Rúa, o novo presidente do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez Castellanos, está vinculado á Bodega Joaquín Rebolledo S.A., que codirixe dende o ano 2009. É unha das máis antigas e emblemáticas do territorio amparado

Fillo e neto de viticultores, José Ramón Rodríguez conta cun Grado Superior de Música e posúe un Mestrado en Dirección de Empresas Agroalimentarias. Dende o ano 1999, é funcionario da Consellería de Educación e actualmente dá clases no IES 12 de Outubro de Ourense.

José Ramón Rodríguez, el nuevo presidente del Consejo Regulador, en la entrega de premios de la Cata de los Vinos de Galicia en 2019

[arriba]

Novas Anteriores