06 Feb 2015

Guía Parker 2015. 16 adegas de Valdeorras presentes

35 marcas de 16 adegas da Denominación de Orixe Valdeorras figuran este ano na internacional e afamada Guía Parker que anualmente edita a revista americana The Wine Advocate. O catador para esta guía en España, Luis Gutiérrez, visitou o verán pasado terras valdeorresas para catar os viños nun acto organizado na sede do Consello Regulador. Desa visita saíron as puntuacións que aparecen nesta nova edición.

 

guia-parker-2015

Entre as 16 adegas hai dúas que obtiveron as puntuacións máis altas de Valdeorras: Rafael Palacios e Valdesil. As dúas conseguiron 93 puntos precisamente en dúas marcas coa variedade godello e nunha elaboración con  barrica. Entre os 92 e os 86 puntos sitúanse o resto de marcas presentes e que pertencen ás adegas:

Adega da Pinguela

Alan de Val

Adega O Casal

Avancia

Viña Somoza

Bodega Carballal

Godeval

Guitián y Blanco

Quinta da Peza

Joaquin Rebolledo

José Luis Aristegui

Santa Marta

Bodegas La Tapada

Virxe de Galir

 

A maioría das adegas valdeorresas presentes na guía superan os 90 puntos con viños da anada 2013 aínda que tamén hai algunhas que teñen viños puntuados de anos anteriores. Este é o caso de Santa Marta que ademais de ter puntuados dous viños do 2013 tamén conta con tres do 2011 e un do 2010. O mesmo que a adega La Tapada que aparece na lista con dous viños do 2013, un do 2012 e dous do 2011.

Todos eles gozarán do prestixio de figurar nunha das guías máis coñecidas en todo o mundo e con moitos seguidores para continuar promocionando os viños de Valdeorras.

[arriba]

Novas Anteriores