Dende o luns 16 de maio, as oficinas do Consello Regulador da D.O. Valdeorras desprazaranse ao centro de Vilamartín
Debido as obras de reforma da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, as oficinas do organismo vitivinícola desprazaranse temporalmente ao Centro Socio Cultural e Xuvenil Santa Lucía, situado en Vilamartín, no número 5 da Rúa D. Demetrio Macía. A partir do luns 16 de maio, os viticultores e os adegueiros que queiran..
Chuvia de recoñecementos para os viños de Valdeorras ao longo da semana
Os viños de Valdeorras seguen a gañar premios e recoñecementos en diferentes foros e convocatorias de renome, o que segundo asegura José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador, “é un indicador clave de que o sector vitivinícola valdeorrés está a facer un bo traballo”. Así, diferentes referencias e adegas amparadas baixo o selo de..
Os viños de Valdeorras poden degustarse estes días no Salón Gourmets de Madrid
Entre hoxe e o vindeiro 28 de abril, os viños da D.O. Valdeorras exhíbense nun stand propio no Salón Gourmets de Madrid. Trátase dun dos escaparates anuais máis relevantes para divulgar alimentos e bebidas de alta gama: un evento no que atopar dende produtos tradicionais ata novas tendencias no eido alimentario. “Para os viños de..
O orzamento do Consello Regulador para 2022, que ascende a 757.000 Euros, destinarase principalmente a accións de promoción
O Pleno do Consello Regulador, reunido esta mañá, deu luz verde á liquidación orzamentaria e á memoria de actividades de 2021 e aprobou as contas para o novo exercicio, que ascenden a 757.897,76 euros. Tal e como sinala José Luis García Pando, presidente do Consello, as accións de promoción centrarán gran parte deste orzamento (e..
Ibiza, A Coruña, Barcelona e Madrid, entre os destinos nos que se darán a coñecer os viños de Valdeorras
Os viños de Valdeorras danse a coñecer hoxe en Ibiza no marco dun acto promocional impulsado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe en colaboración con Vidivinos. “Con esta acción promocional, pretendemos divulgar o potencial dos nosos viños en novos territorios do Estado que consideramos prioritarios en termos de mercado”, sinala ao respecto desta acción..
A D.O. Valdeorras participa en Vinexpo compartindo stand cos outros catro consellos reguladores vitivinícolas e o de aguardentes e licores tradicionais galegos
Un total de 32 referencias valdeorresas, 18 brancas e 14 tintas, poden degustarse estes días en Vinexo, en París, na primeira acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das I.X.P. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA). Trátase da primeira vez que os viños e..
A Guía de Viños Destilados e Augardentes de Galicia 2022 distingue 160 referencias valdeorresas
A Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia 2022 foi presentada esta mañá na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras por Luis Paadín e Alejandro Paadín, autores da obra. No acto, que contou coa presenza do presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, púxose en valor que este ano a Guía distingue..
Valdeorras exportou na última campaña un total de 467.471 litros de godello e de mencía, a cifra máis alta da súa historia
Baixo o selo do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, exportáronse na campaña 2020-2021 un total de 467.471 litros de godello e de mencía, a cifra máis alta dende que hai rexistros. Esta cifra cuadriplica a cantidade de viño exportada no exercicio anterior (2019-2020) cando se acadaron unicamente 109.202 litros de viño exportados. Por variedades, 400.407..
A vendima conclúe en Valdeorras con máis de sete millón de quilos de uva recollidos
A colleita superou en máis dun 30% a de 2020 A campaña da vendima 2021 conclúe oficialmente en Valdeorras cun total de 7.097.379 quilos de uva recollidos. Desta cifra, de novo a variedade godello segue a ser a maís abundante con 4.333.760 quilos. Tras ela, por orde de importancia sitúanse a mencía (1.714.006 quilos), a..
Os viños de Valdeorras danse a coñecer hoxe en Sevilla no que será o primeiro punto dunha minixira de presentación por diversas ciudades españolas
Tras o seu desembarco na capital andaluza, os viños valdeorreses divulgaranse en Marbella, Madrid, Barcelona e Bilbao O Salón Vividinos de Sevilla, que se celebra hoxe, representa o primeiro punto dunha serie de accións divulgativas dos viños de Valdeorras que se desenvolverá ao longo dos meses de outubro e novembro. Tras esta primeira parada expositiva,..