14 Xan 2019

García Pando: “En cada botella de viño de Valdeorras vese a expresión dun adegueiro”

O presidente do Consello Regulador foi entrevistado no programa “Voces de Galicia” de Radio Voz

“En cada botella de viño de Valdeorras vese a expresión dun adegueiro. Nese sentido, os nosos viños son case coma os nosos fillos”. Son palabras do presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, na entrevista concedida ao programa “Voces de Galicia” de Radio Voz o pasado venres 11 de xaneiro.

Nesta entrevista, García Pando destacou tamén que os viños da zona se caracterizan pola súa elevada calidade, “malia que nas tres últimas colleitas non tivemos a produción desexada en termos cuantitativos”. Aínda así, os viños de Valdeorras non deixan de exportarse. “O norte da Península e mercados exteriores coma os de EEUU e o Reino Unido son destinos preferenciais”, matizou García Pando, “se ben cada vez é máis frecuente atopar tamén os nosos viños en puntos do sur de España ou noutros países estranxeiros coma Alemaña ou os Países Baixos”.

O presidente do Consello Regulador realizou tamén un repaso da tradición vitivinícola na comarca de Valdeorras ao longo da Historia poñendo en valor, na entrevisa, os vestixios da época dos romanos, unha civilización que se asentou en diferentes encraves á beira da conca dos ríos Sil e Miño.

Para escoita a entrevista íntegra podes premer no seguinte enlace (11 de xaneiro-minuto 83´43´´):

https://www.radiovoz.com/archivo/54/vocesdegalicia1edicion/

 

 

[arriba]

Novas Anteriores