08 Ago 2016

Francisco García reitera o seu compromiso de “tender pontes de diálogo” con tódolos axentes implicados na promoción vinícola da comarca

xuntanza

O presidente da D.O Valdeorras, Francisco García, entrevistouse esta mañá nas instalacións do Consello Regulador con Luis L. Paadín, presidente da Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia, nunha xuntanza que supuxo unha primeira toma de contacto entre ambos os dous. Ao termo da reunión, Francisco García reiterou o seu compromiso de “tender pontes de diálogo” e recibir, en calidade de presidente doConsello Regulador, a todos aqueles que llo pidan e especialmente “a todos os axentes implicados na promoción vinícola da comarca de Valdeorras”.

Francisco García amosou o seu respecto pola asociación que preside Paadín e puxo en valor o seu labor de cara a promocionar os viños, non só de Valdeorras, senón das diferentes denominacións de orixe galegas. Neste sentido, o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras sinalou que os membros de Gallaecia, ao igual que os integrantes doutras asociación similares, “van ter sempre aberta as portas do Consello Regulador”.

O presidente do Consello Regulador recibiu esta mañá na sede do organismo a Luis L. Paadín, presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia

[arriba]

Novas Anteriores