09 Out 2017

Finaliza oficialmente a campaña da vendima en Valdeorras, con 4,18 millóns de quilos de uva recollidos

A vendima 2017, unha das máis temperás da historia de Valdeorras, vén de finalizar oficialmente na comarca. Neste ano 2017 recolléronse un total de 4.180.488 quilos de uva, fronte aos 4.656.213 quilos do ano pasado. Esta redución do 12% débese, tal e como explica o presidente do Consello Regulador, “aos fenómenos meteorolóxicos adversos producidos este ano e, en especial, ás xeadas rexistradas a finais do mes de abril”. Aínda así, “malia o descenso en cantidade, a calidade da uva recollida volve ser, un ano máis, excepcional”.

 O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, destaca que “a calidade da uva recollida volve ser, un ano máis, excepcional”

Quilos recollidos por variedades
Por variedades, o godello colocouse de novo no primeiro lugar con 1,98 millóns de quilos recollidos. A continuación, sitúase a mencía con 1,33 millóns de quilos. Por tras, veñen a variedade alicante, con 456.031 quilos; a jerez, con 345.281 quilos; a tempranillo con 19.302 quilos e a variedade sousón, con 17.767 quilos. Finalmente, únense á listaxe os 8.976 quilos de albarello que se colleitaron; os 4.664 de merenzao e os 4.341 de dona branca.

 O godello sitúase á cabeza como a variedade máis abudante na zona, con 1,98 millóns de quilos

Superficie inscrita por variedades
Das 43 bodegas amparadas baixo o selo de calidade de Valdeorras, recolleron uva un total de 42. Fixérono en 9.852 parcelas distribuídas nunha superficie total de 1.184 hectáreas, tal e como amosa o seguinte cadro:

CONCELLOS Nº PARCELAS SUPERFICIE Has SUPERFICIE POR VARIEDADES
GODELLO MENCÍA
O BARCO 1.550 192,26 59,06 58,79
O BOLO 567 94,21 35,95 18,73
CARBALLEDA 169 13,21 5,51 1,72
LAROUCO 1.705 228,9 74,55 52,03
PETÍN 902 97,77 24,67 12,57
A RÚA 1.710 230,11 57,76 46,16
RUBIÁ 1.583 135,48 39,32 39,56
VILAMARTÍN 1.666 193,02 72,8 33,57
TOTAL 9.852 1.184,96 369,62 263,13

[arriba]

Novas Anteriores