Expertos ingleses agradecen a presenza da DO Valdeorras na London Wine Fair
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras fixo unha incursión e aposta polo mercado británico coa súa participación na pasada edición da 35ª edición da “London Wine Fair”. A súa presenza nesta feira está achegando, semanas despois, felicitacións de expertos que dirixen correos electrónicos ao presidente do consello regulador agradecéndolle a súa presenza e a oportunidade que tiveron de catar viños de Valdeorras en Londres.
Este certame é un referente vitivinícola internacional e contou nos seus dous días de apertura (18-20 maio) con 750 expositores chegados de diferentes partes do mundo. Ademais dos profesionais do mundo do viño, polo stand do consello regulador valdeorrés tamén pasaron representantes institucionais como foi o embaixador de España no Reino Unido, Federico Trillo-Figueroa, que intercambiou opinións sobre os viños co presidente do Consello Regulador, José Vicente Solarat.