01 Xan 2015

Escumosos de Godello Valdeorras para recibir o 2015

2015-valdeorras
Dúas adegas da DO Valdeorras ofrecen escumosos de godello para brindar nestas datas e tamén o resto do ano. A adega barquense Roandi foi a primeira en ofrecer un viño escumoso con uva de godello elaborado co método tradicional e en cova natural. Este ano xurdiu a adega Fragamoura en A Rúa converténdose na primeira de Galicia en dedicarse en exclusiva aos escumosos tamén en cova natural. Esta tamén ofrece un escumoso de godello como o seu produto estrela. A variedade godello está resultando moi axeitada para este tipo de elaboracións, segundo a opinión dos expertos. Os adegueiros coinciden en sinalar que os escumosos de godello poden acompañar moitos menús dende o principio ata o final. espumos-godello espumosos-godello-valdeorras As dúas adegas elaboran os seus escumosos 100% godello e despois buscan sorprender aos seus clientes con novidades feitas a base doutras variedades valdeorresas. Unha terceira adega, a cooperativa Virxe das Viñas de A Rúa, elaborou este ano para os seus socios un escumoso para conmemorar os seus 50 anos de vida.

[arriba]

Novas Anteriores