16 Xul 2017

Entrega de premios aos mellores viños da XVIII Cata Oficial de Valdeorras

Na tarde de hoxe entregáronse, na praza barquense de Viloira, os premios aos mellores viños da XVIII Cata Oficial de Valdeorras, iniciativa enmarcada na celebración da XX Feira do Viño na que participaron 13 bodegas da comarca cun total de 31 referencias distintas (18 marcas de tinto e 13 de branco). Os viños e as bodegas distinguidas polo xurado foron:

Viños brancos
1º Premio- Casal Novo de Adega O Casal S.A.T

2º Premio- Viña Abad de Bodega Cooperativa Jesús Nazareno

3º Premio- Cepado Godello de Adega Cepado S.L.

Viños tintos
1º Premio- D´Berna de Guitián y Blanco S.C.

2º Premio- Viña Costeira Mencía de Viña Costeira S.C.G.

3º Premio- Cepado Mencía de Adega Cepado S.L.

Mención especial “Viños doutras añadas”
Garnacha Vella da Chaira do Ramiriño 2015 de Bodega Sampayolo S.L.

A iniciativa desenvolveuse ao abeiro da XX edición da Feira do Viño de Valdeorras

 

[arriba]

Novas Anteriores