03 Nov 2016

Elixida a nova xunta directiva da Ruta do Viño de Valdeorras no marco dunha asamblea celebrada esta tarde

Esta tarde celebrouse unha asemblea da Ruta do Viño na que se elixiu á nova xunta directiva do organismo. O presidente do Consello Regulador Francisco García, formará parte desta directiva en representación da D.O. xunto a outras seis persoas (dúas procedentes do sector público: concellos da Rúa e do Barco; dúas do eido das adegas e industrias agroalimentarias: Alán de Val e Godeval, e outras dúas procedentes do sector hostaleiro e de ocio da comarca: Pazo do Sil e Pazo do Castro). A partir da vindeira semana elixirase, de entre os membros da xunta directiva, ao presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e vogais do organismo.

 Aprobouse, ademais, que a Ruta do Viño de Valdeorras pase a ser membro do Cluster de Turismo de Galicia para, posteriormente, integrarse na marca “Enoturismo de Galicia”

Xunto a isto, na xuntanza desta tarde aprobouse tamén que a Ruta do Viño pase a ser membro do Cluster do Turismo de Galicia como paso previo para a súa futura integración na marca “Enoturismo de Galicia”, que foi presentada recentemente en Santiago e da que xa forman parte as outras catro rutas do viño existentes na Comunidade Autónoma.

ruta-vino

[arriba]

Novas Anteriores