/* */ Dous godellos de Valdeorras premiados no Reino Unido
10 Ago 2015

Dous godellos de Valdeorras premiados no Reino Unido

Winws-From-Spain

Dous godellos das adegas Viña Somoza e Rafael Palacios resultaron premiados este ano no concurso que organiza o Departamento de Viños de España do ICEX (Instituto de Comercio Exterior). O certame “wines from Spain awards” celebrase co obxectivo de dar a coñecer os mellores viños españois que xa se atopan posicionados no mercado británico en 2015. A selección dos gañadores estivo a cargo dun importante grupo de expertos catadores, entre os que se atopan compradores, xornalistas e membros do Instituto de expertos Masters of Wine, liderados por Tim Atkin, MW, considerado como un dos principais especialistas do mundo. No referente a Galicia, un total de 13 viños foron galardoados, entre eles os dous de Valdeorras: Neno 2013 de Viña Somoza e Louro 2014 de Rafael Palacios. Para divulgar os resultados do concurso nos próximos meses realizaranse unha serie de actividades, como showrooms e presentacións, que apoiarán a promoción dos viños galardoados nun dos principais mercados de exportación de España.

[arriba]

Novas Anteriores