/* */ Trece adegas de Valdeorras reciben distincións Gallaecia 2015
03 Set 2015

Trece adegas de Valdeorras reciben distincións Gallaecia 2015

Distincions-Gallaecia-2015

    A Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia” concedeu as súas Distincións Gallaecia 2015 nunha cata final realizada entre o domingo 31 de agosto e o luns 1 de setembro. Na Denominación de Orixe Valdeorras recibiron “distincións13 adegas coas súas 23 marcas de viño (12 de branco e 11 de tinto).

    A máis premiada nesta denominación foi Adega Santa Marta con 3 Distincións, unha en godello 2014 e outras dúas con viños tintos do 2011 (castes nobres e garnacha). O resto das premiadas, a maioría, recolleron dúas distincións sobre todo coa anada 2014 aínda que tamén se galardoaron viños de anadas 2013 e 2011.

    O panel da cata final, formado polos membros de Gallaecia e por técnicos dos Consellos Reguladores, “distinguiron” un total de 106 mostras das 593 presentadas de todas as denominacións de orixe galegas. O Concurso de Viños “Distincións Gallaecia” cumpre 17 anos e está recoñecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Cadro Distincións Gallaecia 2015 para viños brancos

Cadro Distincións Gallaecia 2015 para viños brancos

 

Cadro Distincións Gallaecia 2015 para viños tintos

Cadro Distincións Gallaecia 2015 para viños tintos

 

Soledad Figueroa

[arriba]

Novas Anteriores