06 Out 2015

Deporte para coñecer as viñas da DO Valdeorras

Cartel anunciador do evento

Cartel anunciador do evento

 

    A Denominación de Orixe Valdeorras patrocina o “I Gran Premio de Montaña e Andaina da DO Valdeorras” que se celebrará o domingo,dia 11 na comarca. O obxectivo desta actividade deportiva é dar a coñecer e promocionar o entorno de viñedos cos que se elaboran os viños desta denominación. Haberá dúas modalidades para participar con diferentes distancias:

Andaina e trial curto: 7 km

Andaina e trial longo: 20 km

    A actividade organízaa o Club de Atletismo Rúa  e conta coa colaboración do Concello da Rúa e a Delegación en Valdeorras da Federación Galega de Atletismo. O punto de saída e chegada será a Praza de Fontei no concello rués con distintas horas de inicio dependendo si se participa na modalidade andaina ou trial.

   As inscricións están abertas na web: www.carreirasgalegas.com e teñen máis información sobre os percorridos e modalidades na web do evento http://granpremiodemontanadov.es/

vista-do-val-coas-viñas

Soledad Figueroa

[arriba]

Novas Anteriores